Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo), convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varios corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral (análise de laboratorio, condución, cociña, mantemento, recursos naturais e forestais) e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e anexouse a relación dos postos que se ofertan na primeira fase.
Mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025, acordouse a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario ao mesmo tempo que se publica no portal corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación de postos de potenciais resultas.
Por erro no funcionamento da aplicación informática, advírtese a omisión involuntaria de un posto vacante que é preciso engadir á relación de postos ofertados e que figura no anexo desta resolución.
Por outra banda, dado que xa se produciu a apertura do prazo presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación de méritos o pasado 3 de decembro, faise aconsellable ampliar este prazo ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Polo exposto, no uso das competencias delegadas que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro) sobre delegacións de competencias da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Incluír o posto número 2893 que se relaciona no anexo I desta resolución na relación de postos vacantes que figuran no anexo I da Resolución do 8 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 135, do 16 de xullo)
Segundo. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en tres días hábiles que rematará o 30 de decembro de 2025.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Postos que se inclúen na oferta
|
Posto |
Código do posto |
Nivel |
Grupos |
Corpo/escala |
Adm. Púb./ Áreas Func. |
Denominación posto |
Consellería |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Titulacións requiridas |
Formación específica |
Observacións |
|
2893 |
PR.C02.00.004.27001.584 |
18 |
C2 |
Especial (escala auxiliar de condución) |
AXG |
Condutor/a |
PR |
Secretaría Xeral Técnica |
S.X. de Coordinación de Servizos Transversais (Lugo) |
27001 |
Horario especial con especial dispoñibilidade, horario especial con especial singularidade. |
