De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida de La Habana, núm. 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Ourense, 20 de novembro de 2025
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
ANP-OU-14/2025-V |
03191965W |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANI-OU-92/2025-V |
49674567H |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
