DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 18 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm., 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advírteselles que, de non o facer así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 18 de novembro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Número de

expedientete

Número DNI/NIE/pasaporte ou similar

da persoa interesada

Resolución e data

36/00571-I/96

33255593P

Modificación 16.9.2025

36/00166-I/24

77406656H

Denegación 24.9.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Número de

expediente

Número DNI/NIE/pasaporte ou similar

da persoa interesada

Resolución e data

36/00244-X/25

X2114040H

Suspensión 22.10.2025

36/00811-X/25

36002543E

Denegación 3.10.2025