Raquel Novas Otero, con DNI ***1892**, actuando como presidenta da Comunidade de Augas de Areeiros, por medio deste anuncio convoco o vindeiro día 18 de decembro de 2025, na Casa de Montes de Santa Cristina (Vilaboa-Pontevedra), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea extraordinaria da comunidade, conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Renovación da concesión da comunidade.
2. Nomeamento da xunta directiva e do xurado.
Vilaboa, 14 de novembro de 2025
Raquel Novas Otero
Presidenta da Comunidade de Augas de Areeiros
