DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 5 de decembro de 2025 Páx. 62923

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal técnico.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dunha praza de técnico superior de proxecto.

As bases estarán expostas na páxina web de Cetmar (https://cetmar.org/traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 1 de decembro de 2025

Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar