DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 9 de decembro de 2025 Páx. 62993

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao o nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de celador/a e grupo auxiliar da función administrativa, convocados polas resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 26 e 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias excepcionais dos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de celador/a e grupo auxiliar da función administrativa.

Así mesmo, na resolución desta dirección xeral do 27 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño) publicouse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas referidas categorías de persoal de xestión e servizos, convocados polas resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Con base no anterior, mediante a Resolución do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 210, do 30 de outubro), iniciouse o prazo para a elección de destino para as persoas definitivamente seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de celador/a e grupo auxiliar da función administrativa.

Realizados os procesos de elección de destino nas devanditas categorías en que resultaron prazas vacantes logo da resolución de nomeamento do 27 de maio de 2025, e ao abeiro das resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada categoría ás novas persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de celador/a e grupo auxiliar da función administrativa as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Terceiro. Declarar finalizados os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de celador/a e grupo auxiliar da función administrativa convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 e 28 de decembro de 2022.

Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Concretamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos no punto anterior non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expediente-e e fose debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Celador/a

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***9472**

BARREIRO PRIEGO, PATRICIA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***3120**

BELLO EDREIRA, CONSUELO

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***5400**

DOMINGUEZ FERNANDEZ, MARIA DE LA PAZ

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***5733**

EIMIL EIMIL, JOSE LUIS

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***9813**

GONZALEZ IGLESIAS, PURIFICACION

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***2031**

GONZALEZ PARDO, VICTOR MANUEL

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***9918**

GONZALEZ RIVAS, FAUSTINO

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***2678**

HORJALES VELLON, CARMEN

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***1297**

JAR VARELA, JAVIER

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***1993**

LAFUENTE MARQUEZ, ARGENTINA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***8404**

LAGO SERAFIN, MARIA BEGOÑA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***3673**

LANDEIRA LOPEZ, ARTURO JOSE

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***6570**

LOPEZ RECOUSO, MARIA DEL CARMEN

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***1076**

MATO CACHAFEIRO, MARIA JOSE

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***7841**

MATOS MATO, JOSE FRANCISCO

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***6967**

MONTES FERNANDEZ, MARIA JOSE

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de compostela

-

***0663**

MORLAN SEGADE, DAVID

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***4152**

NOVOA FORNEIRO, PURIFICACION

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***0722**

PEREIRA LOIS, MANUELA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***8472**

REY SILVA, JUAN BIENVENIDO

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***9206**

RIVAS ARIAS, ANA ISABEL

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***0917**

RODRIGUEZ BASANTA, HERMINIA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***0610**

ROMERO BERDOMAS, ROCIO

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***4204**

RUBINOS CONDE, MIGUEL

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***0712**

SALGADO ALBORES, MARIA TERESA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***6168**

SANJUAN GONZALEZ, MARIA ASUNCION

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***5883**

SEXTO VAZQUEZ, MARIA JOSE

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

-

***2755**

TERRADILLOS RODERO, JUAN VIDAL

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***8179**

TRIGO LOIRA, MARIA FERNANDA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***5482**

VALIN LOPEZ, MONSERRAT

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***7904**

VAZQUEZ ALVAREZ, MARIA DEL CARMEN

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

Vilagarcía de Arousa

-

***5749**

VAZQUEZ VEIGA, MARIA JESUS

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

Grupo auxiliar da función administrativa

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***6950**

ACUÑA FERNANDEZ, MARIA DEL MAR

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***3577**

AMIGO LAPIDO, MANUELA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

-

***3221**

FORNEIRO IGLESIAS, MERCEDES

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***4632**

GALIÑANES CHAVES, ROSA MARIA

Galaria, Empresa Pública de Servizos

Sanitarios, S.A.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.-Vigo

Vigo

-

***4823**

GONZALEZ FERNANDEZ, MARIA ANGELES

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***7473**

JUSTO BARRIO, ALBERTA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***6216**

LEMA ROMERO, JOSEFA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***0691**

NUÑEZ ROCHA, EVA

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061-A Estrada

A Estrada

-

***1711**

PAN PALACIOS, MARIA AZUCENA

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***3064**

PEREZ CRUJEIRAS, MARIA LOURDES

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***4339**

RICO MILLARENGO, MARIA DEL CARMEN

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***4778**

ROSENDE GALBAN, MARIA JOSE

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***4921**

SALVADOR GAYOSO, FRANCISCA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***4049**

SANTALLA RAPOSO, MARIA LUISA

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

***9140**

TARRIO SUAREZ, MARIA JOSE

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

A Coruña

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.