No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, tramítase o recurso 629/2025 (procedemento ordinario), interposto por María Alonso Portela, fronte á desestimación presunta, por silencio administrativo, dos recursos de reposición interpostos contra a Resolución do 11 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, e nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022, e se inicia o prazo para a elección telemática de destino (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2025), a Resolución do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento de persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e nas categorías de médico/a coordinador do 061, médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 77, do 23 de abril de 2025) e a Resolución do 20 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2025), na categoría de facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
