No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 238, do 16 de outubro de 2025, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos para a cobertura de prazas do cadro de persoal funcionario e laboral, reservadas a promoción interna (vertical e/ou horizontal), na Deputación Provincial de Lugo (cota xeral e cota de reserva a persoas con discapacidade).
No BOP núm. 238, do 16 de outubro de 2025, e corrección de erros BOP núm. 250, do 30 de outubro de 2025, publícase a convocatoria e bases específicas que rexerán, polo sistema de concurso-oposición, os procesos selectivos en quenda de promoción interna, que a seguir se sinalan:
Dúas prazas de técnico/a superior de infraestruturas pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, grupo A-subgrupo A1.
Unha praza de técnico/a superior de recursos humanos, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, grupo A-subgrupo A1.
Unha praza de tradutor/a de publicacións, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios, grupo A-subgrupo A2.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 11 de novembro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
