En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.11792 e un máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.11792 |
José Antonio Soto García |
1.495 m3 |
Manancial |
Doméstico e gandeiro |
L: Fraguela |
|
DH.A36.10414 |
Amparo Sixto Pérez |
1.166 m3 |
Manancial |
Rega |
L: A Pena |
