De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación do Acordo emitido pola Presidencia o 22 de abril de 2024, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://portosdegalicia.gal, sección comunicacións e avisos, epígrafe alleamento de embarcacións, o inicio de expediente para a venda directa da embarcación El Jatavi con matrícula 7ª-CO-1-77-07 incautada por Portos de Galicia e varada na actualidade no porto de Tragove (Cambados).
O acordo de incoación, as bases aplicables cos seus anexos que informan sobre a forma de presentación de ofertas e a taxación da embarcación poderán ser consultados e descargados a través da páxina web https://portosdegalicia.gal, sección comunicacións e avisos, epígrafe alleamento de embarcacións.
O prazo máximo para presentar proposicións de compra será de 10 días hábiles contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
