DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS403B-2025-00004972 e tres máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025.

A través deste anuncio, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, efctuada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería con competencias en materia de política social, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2025-00004972

124867717

Resolución do 14.10.2025

BS403B-2025-00004182

176206279

Resolución do 3.10.2025

BS403B-2025-00004720

BF559005

Resolución do 14.10.2025

BS403B-2025-00006194

193831977

Resolución do 14.10.2025