De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 26 de novembro de 2025, do proxecto de construción dun novo vertedoiro de escouras nas instalacións de Morzós do Complexo Medioambiental de Cerceda, no concello de Cerceda (A Coruña), promovido por Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente).
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
