DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63540

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G).

O Diario Oficial de Galicia número 87, do 3 de maio de 2024, publica a Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o període 2024-2028, e se procede á súa convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2024, publica a Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de xuño de 2024, pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632G).

De conformidade co disposto na Resolución do 24 de abril de 2024, a revisión dos prezos ou dos módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia. Así, o 17 de novembro de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade dita a resolución de revisión dos módulos económicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o període 2024-2028 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G), que se xunta a esta resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución de revisión dos módulos económicos esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da dita publicación.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución pola que se revisan os módulos económicos fixados na Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632G)

O Diario Oficial de Galicia número 87, do 3 de maio de 2024, publica a Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o període 2024-2028, e se procede á súa convocatoria.

O Diario Oficial de Galicia número 121, do 24 de xuño de 2024, publica a Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o període 2024-2028 (código de procedemento BS632G).

O artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime dos concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia indica que os prezos ou módulos económicos fixados na convocatoria do concerto social poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

A Resolución do 24 de abril de 2024 establece que os módulos económicos serán revisables conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza, así como cando se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social.

Así mesmo, dispón que a revisión dos prezos ou dos módulos económicos se efectuará mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

O 9 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial del Estado a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

A publicación e a entrada en vigor do convenio colectivo implica unha variación dos custos dos servizos respecto das condicións económicas do concerto social que fan necesario a revisión dos módulos económicos para restablecer o equilibrio económico que permita ás Entidades a axeitada prestación dos servizos obxecto de concerto social.

De conformidade co artigo 37.1.b) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e a Resolución do 24 de abril de 2024 de convocatoria do concerto social,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos dos acordos de acción concertada formalizados ao abeiro da Resolución do 24 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento de asignación do concerto social para a reserva e a ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual para o període 2024-2028, e se procede á súa convocatoria.

O incremento de prezos ascende a 590.260,86 € e financiarase con cargo a aplicación de gastos 08.04.312D.228.2 da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2025 e a aplicación que corresponda para os anos 2026 a 2028, coa seguinte distribución:

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

186.398,16 €

186.398,16 €

186.398,16 €

31.066,38 €

590.260,86 €

A desagregación por entidade e servizo concertado figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:

a) Servizos para persoas dependentes con trastorno do espectro autista.

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020601 Servizo de atención diúrna terapéutica

1.549,43 €/mes

61,98 €

1.611,41 €/mes

b) Servizos para persoas dependentes con discapacidade física.

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais - Internado 365 días

1.285,88 €/mes

51,44 €

1.337,32 €/mes

c) Servizos para persoas dependentes con parálise cerebral.

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020309 Servizo de atención residencial terapéutica- Internado 365 días

3.894,69 €/mes

155,79 €

4.050,48 €/mes

d) Servizos para persoas dependentes con dano cerebral adquirido.

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020409 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

3.904,26 €/mes

156,17 €

4.060,43 €/mes

020402 Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía

871,62 €/mes

34,86 €

906,48 €/mes

e) Servizo para persoas dependentes con discapacidade intelectual.

Servizo

Prezo sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

020507 Servizo de atención residencial terapéutica-Internado 365 días

3.553,12 €/mes

142,12 €

3.695,24 €/mes

020508 Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional-Internado 365 días

2.139,64 €/mes

85,59 €

2.225,23 €/mes

020501 Servizo de atención diúrna terapéutica

1.395,78 €/mes

55,83 €

1.451,61 €/mes

010107 Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais-Internado 365 días

1.244,41 €/mes

49,78 €

1.294,19 €/mes

Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 29 de febreiro de 2028.

As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos, e as correspondentes aos períodos anteriores á revisión serán obxecto de regularización conforme a esta actualización de prezos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao dita publicación.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base trixésimo sexta Resolución do 24.4.2024). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Orzamento por entidade e servizo concertado

Trastorno do espectro autista

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento

2025

Orzamento

2026

Orzamento

2027

Orzamento

2028

Total

orzamento

BS632G-1/2024

Asociación Raiolas Lugo

Servizo de atención diúrna terapéutica

10

Exento

10.380,49 €

10.380,49 €

10.380,49 €

1.730,08 €

32.871,55 €

Total

10

10.380,49 €

10.380,49 €

10.380,49 €

1.730,08 €

32.871,55 €

Discapacidade física

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

BS632G-2/2024

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

(Cogami)

Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais

5

Exento

4.482,94 €

4.482,94 €

4.482,94 €

747,16 €

14.195,98 €

Total

5

4.482,94 €

4.482,94 €

4.482,94 €

747,16 €

14.195,98 €

Parálise cerebral

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

BS632G-3/2024

Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines

(Amencer-Espace)

Servizo de atención residencial terapéutica

12

Exento

36.918,76 €

36.918,76 €

36.918,76 €

6.153,13 €

116.909,41 €

Total

12

36.918,76 €

36.918,76 €

36.918,76 €

6.153,13 €

116.909,41 €

Dano cerebral adquirido

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

BS632G-4/2024

Fundación de Daño Cerebral

(Fudace)

Servizo de atención residencial terapéutica

12

Exento

38.117,69 €

38.117,69 €

38.117,69 €

6.352,95 €

120.706,02 €

Total

12

38.117,69 €

38.117,69 €

38.117,69 €

6.352,95 €

120.706,02 €

BS632G-5/2024

Asociación personas afectadas por daño cerebral Adquirido de Ourense Renacer

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estadía

10

Exento

6.433,13 €

6.433,13 €

6.433,13 €

1.072,19 €

20.371,58 €

Total

10

6.433,13 €

6.433,13 €

6.433,13 €

1.072,19 €

20.371,58 €

Discapacidade intelectual

Expediente

Entidade

Servizo concerto

Total prazas

IVE

Orzamento 2025

Orzamento 2026

Orzamento 2027

Orzamento 2028

Total orzamento

BS632G-6/2024

Asociación Pro-Minusválidos del Ortegal

(Aspromor)

Servizo de atención residencial terapéutica

3

Exento

7.927,72 €

7.927,72 €

7.927,72 €

1.321,29 €

25.104,45 €

Total

3

7.927,72 €

7.927,72 €

7.927,72 €

1.321,29 €

25.104,45 €

BS632G-7/2024

Asociación Juan XXIII

Servizo de atención residencial terapéutica

12

Exento

31.710,87 €

31.710,87 €

31.710,87 €

5.285,15 €

100.417,76 €

Total

12

31.710,87 €

31.710,87 €

31.710,87 €

5.285,15 €

100.417,76 €

BS632G-8/2024

Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño

(Aspadisi)

Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional

15

Exento

20.301,62 €

20.301,62 €

20.301,62 €

3.383,60 €

64.288,46 €

Total

15

20.301,62 €

20.301,62 €

20.301,62 €

3.383,60 €

64.288,46 €

BS632G-9/2024

Asociación Juan XXIII

Servizo de atención residencial terapéutico ocupacional

12

Exento

16.241,30 €

16.241,30 €

16.241,30 €

2.706,88 €

51.430,78 €

Total

12

16.241,30 €

16.241,30 €

16.241,30 €

2.706,88 €

51.430,78 €

BS632G-10/2024

Fundación EU SON

Servizo de atención diúrna terapéutica

5

Exento

4.738,72 €

4.738,72 €

4.738,72 €

789,79 €

15.005,95 €

Total

5

4.738,72 €

4.738,72 €

4.738,72 €

789,79 €

15.005,95 €

BS632G-11/2024

Fundación Igual Arte

Servizo de atención diúrna terapéutica

5

Exento

4.738,72 €

4.738,72 €

4.738,72 €

789,79 €

15.005,95 €

Total

5

4.738,72 €

4.738,72 €

4.738,72 €

789,79 €

15.005,95 €

BS632G-13/2024

Asociación de Persoas con Discapacidade Avante

Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais

5

Exento

4.406,20 €

4.406,20 €

4.406,20 €

734,37 €

13.952,97 €

Total

5

4.406,20 €

4.406,20 €

4.406,20 €

734,37 €

13.952,97 €

Total do orzamento da convocatoria BS632G

106

186.398,16 €

186.398,16 €

186.398,16 €

31.066,38 €

590.260,86 €