DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as ordes de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal nas parcelas coas referencias catastrais que se indican a continuación mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Localización

Propietario

Liquidación provisional €

1423566A

8485501NH488N

Lugar de Ris do Muro (Celas)

Descoñecido

80,96 €

1463997E

15031A01500138

Rúa Monte Chans (Rutis)

Descoñecido

375,34 €

1471121Z

15031A02100309

Lugar da Agra Tarrío (Culleredo)

Descoñecido

475,86 €

1547204W

8898103NH4889N

Lugar de Vinxeira Pequena (Celas)

Manuel Fariña Campelo

885,36 €

Culleredo, 19 de novembro de 2025

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente