DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesión de augas (expediente DH.A15.13916 e vinte e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A15.13916 e vinte e un máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
ou QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.13916

José Luis Rodríguez Otero

3.562 m3

Manancial

Gandeiro

L: San Vicente
P: San Vicente
C: Vilasantar

DH.A15.8986

Moisés Suárez Díaz

766 m3

Manancial

Doméstico e pecuario

L: Prousor
P: Lañas (Santa Baia)
C: A Baña

DH.A36.7228

Comunidade de Usuarios de Valadares e Pazos

25.859 m3

Dez mananciais

Doméstico

L: Monte Loureda
P: Marcón (San Miguel)
C: Pontevedra

DH.A15.18120

Manuel Pereira Rodríguez

547 m3

Pozo

Doméstico

L: Os Piñeiros
P: Regoela (San Vicente)
C: Cabanas

DH.A36.2331

Amalia Silva Meijome

964 m3

Manancial

Rega

L:
P: Bermés (Santa María)
C: Lalín

E-238-C

Francisco Pedreira Pallás

130 l/s

Arroio Veiga

Accionamento muíño fariñeiro

L: Cabana
P: Veiga (San Silvestre)
C: Culleredo

DH.A36.2508

Celso Mosquera Mosquera

2.838 m3

Mina Atalaya

Doméstico

L: Atalaya
P: Cidadelle
C: Redondela

DH.A36.4871

Maximina González Montes

6.300 m3

Manancial

Doméstico e rega

L: Rodeira
P: Cangas (Santiago e San Salvador)
C: Cangas

DH.A36.7155

Manuel González Fiel
Serafina Buceta González

3.150 m3

Río San Martín

Rega

L: Bouza
P: Meis (San Martiño)
C: Meis

DH.A36.7328

Comunidade de Usuarios Manancial de Cabanas

3.780 m3

Manancial

Doméstico

L: Costa Xanas
P: Xeve (Santa María)
C: Pontevedra

DH.A36.08363

Comunidade de Montes de Agudelo

2.000 m3

Manancial

Uso de dúas fontes públicas

L: A Cova
P: Agudelo (San Martiño)
C: Barro

DH.A15.13884

Comunidade de Usuarios Augas de Rábado

1.580 m3

Varios mananciais

Doméstico

L: Pedregais e Pedra Cabalada
P: O Araño (Santa Baia)
C: Rianxo

DH.A36.5858

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Reboreda

11.000 m3

Manancial

Fornecemento dunha fonte pública

L: Pedra do Coello
P: Reboreda (Santa María)
C: Redondela

DH.A15.19833

Comunidade de Usuarios de Medeiros

946 m3

Tres mananciais

Doméstico

L: Monte Medeiro-Outeiro
P: Rus (Santa María)
C: Carballo

DH.A36.11109

Catalina Figueiroa Puig

1.010 m3

Dous pozos

Doméstico e rega

L: Os Valos
P: Saxamonde (San Román)
C: Redondela

DH.A15.18179

Christian Bernhard Muller

650 m3

Regato

Rega

L: Casal de Horta
P: Vista Alegre (San Xoán)
C: Santiago de Compostela

DH.A36.07140

Amelia Prado Martínez
Emilio Conde Martínez

630 m3

Manancial

Doméstico

L: Pedreira
P: San Martiño de Meis (San Martiño)
C: Meis

DH.A36.10762

Pastora Ucha Pazos

1.500 m3

Manancial

Rega

L: Revolta
P: Simes (Santa María)
C: Meaño

DH.A36.12018

Josefina Marra Claro

7.253 m3

Manancial

Doméstico e rega

L: Regueiriño
P: Gaxate (San Pedro)
C: A Lama

DH.A36.12063

Manuel Neira Bello

12.594 m3

Manancial

Gandeiro e rega

L: Aldea Grande
P: Paradela (Santa María)
C: A Estrada

DH.A15.17252

Manuel Seoane Mareque

6.653 m3

Manancial

Rega

L: Covas
P: Cacheiras-Ons (San Simón)
C: Teo

DH.A36.12520

S. A. de Xestión do Plan Xacobeo

16.200 m3

Pozo

Sanitario e rega

L: Xaronda
P: Reboreda (Santa María)
C: Redondela