De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 27 de novembro de 2025 do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común do lugar da Igrexa, na parroquia da Ameixenda, no concello de Cee (A Coruña), promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) do lugar da Igrexa.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
