Intentada sen efecto a práctica da notificación no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, da resolución do conselleiro de Sanidade de data do 6 de novembro de 2025 sobre responsabilidade patrimonial, procédese á súa publicación de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza no lugar indicado no referido anexo, para o coñecemento íntegro do acto.
Transcorrido o dito prazo de diez (10) días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao seu vencemento.
Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da dita lei, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Igualmente poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
Nº expediente: DC-2025-00032.
Reclamante: 33252520V.
Último enderezo coñecido: lugar O Valado, núm. 35, Santa Lucía, 15893 Santiago de Compostela (A Coruña).
Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade de data do 6.11.2025 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.
Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.
Prazo de comparecencia: 10 días.
