DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-PR212A/2025/01565).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución do expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que poida consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

A Coruña, 26 de novembro de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-PR212A/2025/01565

41541383W

35600023W