DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 27 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/039-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, LMTS, CT e ITC en Lantañón.

Concello: Meis.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36028C503003010000FB

José Ramón Muñiz Saavedra, Mª Beatriz Busto Martínez