DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 2025 Páx. 64347

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Terras do Miño, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de disolución da cooperativa.

Na asemblea extraordinaria universal de socios de Terras do Miño, S. Coop. Galega, que tivo lugar na Pastoriza o día 20 de novembro de 2025, acordouse, por unanimidade, a disolución da cooperativa e nomeáronse liquidadores os actuais membros do consello reitor. Esta información facilítase en cumprimento do artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia.

A Pastoriza, 20 de novembro de 2025

Manuel Salgado Rey
Presidente de Terras do Miño, S. Coop. Galega