De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade con data do 7 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,
Esta reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.
O citado nomeamento producirá efecto a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
|
21T/25 |
Lucía |
Rey Ares |
***4903** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Santiago de Compostela |
C02079 |
|
22T/25 |
Óscar |
Suárez Fernández |
***9144** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Santiago de Compostela |
C02080 |
|
49T/25 |
Cristina |
Varela Portela |
***4531** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02107 |
|
50T/25 |
Bibiana |
Regueiro Fernández |
***4772** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02108 |
|
51T/25 |
Lorena |
Casal Otero |
***1896** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02109 |
|
52T/25 |
Mª Isabel |
Dans Álvarez de Sotomayor |
***6526** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02110 |
|
53T/25 |
Mª del Carmen |
Caldeiro Pedreira |
***4407** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Lugo |
C02111 |
|
54T/25 |
Esther |
Vila Couñago |
***7234** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02112 |
|
55T/25 |
Ana |
Rodríguez Groba |
***7770** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02113 |
|
56T/25 |
Mª Carmen |
Sarceda Gorgoso |
***1696** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Lugo |
C02114 |
|
57T/25 |
María Josefa |
Mosteiro García |
***9729** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02115 |
|
58T/25 |
María Cristina |
Ceinos Sanz |
***9647** |
Profesoras e Profesores Titulares de Universidade |
Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
C02116 |
