DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda na vía de servizo anexa á PO-548 Valga, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto (clave PO/24/074.06).

Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de novembro de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda na vía de servizo anexa á PO-548 Valga, de clave PO/24/074.06, no concello de Valga (Pontevedra), para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao tramite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na Casa do Concello de Valga e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda na vía de servizo anexa á PO-548 Valga

Clave PO/24/074.06

Concello de Valga.

Referencia
catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36056A04300382

43

382

José Ramón Castaño Otero (hrdos.)

***3822**

Rural

261,68

50

ml

Peche de malla e postes

2

36056A04300371

43

371

Josefa Eiras Barreiro

***6528**

Rural

39,17

50

m2

Parra

3

36056A04300370

43

370

Adelina Eiras Gil (hrdos.)

***7870**

Rural

59,42

2

ud.

Arboredo mixto

4

36056A04300369

43

369

María Amparo Sánchez Eiras

***3330**

Rural

53,31

2

ud.

Arboredo mixto

Manuel García Bello (hrdos.)

***1992**

5

36056A04300683

43

683

José Luis Eiras Eiras

***5433**

Rural

56,24

2

ud.

Arboredo mixto

6

36056A04300367

43

367

Francisco Mosquera Otero (hrdos.)

***9913**

Rural

54,27

2

ud.

Arboredo mixto

7

36056A04300366

43

366

María Amparo Sánchez Eiras

***3330**

Rural

52,54

2

ud.

Arboredo mixto

Manuel García Bello (hrdos.)

***1992**

8

36056A04300365

43

365

María Amparo Sánchez Eiras

***3330**

Rural

45,05

Manuel García Bello (hrdos.)

***1992**

9

36056A04300364

43

364

En investigación

-

Rural

39,66

10

36056A04300363

43

363

José Manuel Muñiz Castroagudín

***3819**

Rural

15,28