Pola Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 6 de novembro de 2025 (DOG núm. 219, do 12 de novembro), e de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, fíxose pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2024 e a baremación provisional dos servizos prestados para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Rematado o prazo para presentar reclamacións establecido na devandita resolución, corrixidos os erros e examinadas as alegacións formuladas polas persoas interesadas, a Comisión Permanente acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta de actualización definitiva de méritos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vista a proposta, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2024 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.
Segundo. Publicar a baremación definitiva dos servizos prestados ata o 31 de decembro de 2024 no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en categorías, corpos ou escalas en que existen listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia que figuren nos anexos I e II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG núm. 44, do 5 de marzo, e DOG núm. 220, do 13 de novembro) pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e segundo o réxime transitorio establecido no seu anexo II, as listas de contratación propias do Consorcio estarán vixentes ata a súa substitución polas listas derivadas do Decreto 37/2006.
As listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo) substituirán as listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na data que expresamente se determine na resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que se publicará tan pronto como se elaboren as listas correspondentes ás escalas análogas ás categorías existentes no Consorcio e quede garantida a viabilidade técnica do sistema de citacións.
A resolución pola que se estableza a substitución dunha determinada lista propia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por unha lista regulada polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo) deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/ escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría agronómica |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de minas |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade Química |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207L |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade Medicina |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía |
|
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
|
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira. |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica en topografía |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
|
A2 |
209D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educador infantil |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia |
|
C1 |
209E |
Escala técnica de mantemento de servizos |
|
C1 |
209G |
Escala técnica de cociña |
|
C1 |
209H |
Escala técnica de condución |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade Bombeiro forestal xefe de brigada |
|
C1 |
20B6 |
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade Capataz |
|
C1 |
20D5 |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Animación sociocultural |
|
C1 |
208I |
Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos |
|
C2 |
208N |
Escala auxiliar de mantemento |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal |
|
C2 |
207X |
Escala de garda de recursos naturais |
|
C2 |
207Y |
Escala auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala auxiliar de cociña |
|
C2 |
20D0 |
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
|
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade Persoal de limpeza e cociña |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
I |
038 |
Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
|
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
|
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
|
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
|
III |
045 |
Técnico/a de luces |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
|
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
098 |
Auxiliar de luces |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
102 |
Encadernador/a |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
|
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
|
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
|
IV |
031 |
Legoeiro/a |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
