DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Planta de valorización de residuos non perigosos (RCD) nas instalacións da canteira Setepontes número 36, no concello de Moeche (A Coruña). Clave do expediente 2024/0298.

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 1 de decembro de 2025 do proxecto Planta de valorización de residuos non perigosos (RCD) nas instalacións da canteira Setepontes nº 36, no concello de Moeche (A Coruña), promovido por José No Martiñán e Hijos, Construcciones, S.A.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade