Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9RGMC2G4 da LMT CBD804 As Sinas, 4, que se realizarán na casa do concello de Vilanova de Arousa, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 28 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/304-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA e substitución do apoio 9RGMC2G4 da LMT CBD804 As Sinas, 4.
Concello: Vilanova de Arousa.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
36061A024000540000LM |
Piz |
Rosa Couso |
14 de xaneiro de 2026 |
13.00 |
