Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo, no concello de Carballo (expediente IN407A 2020/205-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/205-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT, CT e RBT Cerrallo.
Concello: Carballo.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
|
16 |
O Zarrallo |
Polígono: 118 Parcela: 30 |
Descoñecida |
205/15/1037 |
1.436,61 € |
