DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 2025 Páx. 64612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/218-1, nos concellos de Vimianzo e Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30, nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias das casas dos referidos concellos, segundo o calendario e horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 2 de decembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/218-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30.

Concellos: Vimianzo e Zas.

Concello de Vimianzo:

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

O Tourallo

15093A051011630000QA

Herdeiros de José Pérez Otero

19.2.2026

11.45

Concello de Zas:

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Tras da Canteira

15094A014000610000TM

Herdeiros de Virtudes López Núñez

20.2.2026

11.45