Advertidos erros na resolución anterior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 15 de decembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
No sumario, páxinas 64008 e 64191, onde di:
«Resolución do 12 de decembro de 2025 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia...»,
Debe dicir:
«Resolución do 12 de decembro de 2025 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia ou, de ser o caso, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade patrón/oa ou mecánico/a...».
Na páxina 64191, no primeiro parágrafo, onde di: «escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) e pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro)...»,
Debe dicir: «escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) e pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón/oa ou mecánico/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro)...».
Nas páxinas 64191 e 64192, onde di:
«Segundo. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia...»,
Debe dicir:
«Segundo. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia ou, de ser o caso, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón/oa ou mecánico/a...».
