DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 2025 Páx. 64770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 25 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que estas se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas interesadas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 25 de novembro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Número de expediente

Número de DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/02073-I/95

36104467X

Requirimento de documentación

10.10.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Número de expediente

Número de DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/00645-X/25

34624153E

Requirimento de documentación

22.9.2025

36/00720-X/25

35230965W

Requirimento de documentación

3.10.2025

36/00725-X/25

33219093D

Requirimento de documentación

27.10.2025