Primeiro. A Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades de 2025-2026, establece no artigo 14 que o procedemento de concesión desta subvención se tramitará e resolverase en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario. De ser o caso, segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia, producirá a imposibilidade de continuar outorgando subvencións ao abeiro desta e constituirá motivación suficiente para a denegación do resto de subvencións non concedidas.
Segundo. A dita orde establece no seu artigo 14.1 que a instrución e a resolución das solicitudes se efectuará seguindo a orde correlativa de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia e ata o límite da dotación orzamentaria, de ser o caso, salvo que aquelas tivesen que ser obxecto de corrección por non reuniren os requisitos ou non xuntaren da ocumentación requirida, para o que se considerará, na orde de prelación que se siga para a súa resolución, a data en que as solicitudes reúnan os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que, de ser o caso, apreciase o órgano convocante.
Terceiro. O artigo 5 da orde de convocatoria establece o crédito destinado a estas subvencións, por importe total de 2.000.000 €, dos cales 600.000 € corresponden á anualidade de 2025 e 1.400.000 € á anualidade de 2026, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
|
Aplicación orzamentaria |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Total |
|
14.03.323B.470.0 |
600.000 € |
1.400.000 € |
2.000.000 € |
Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 27 de xuño de 2025 establece que se faculta a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde. En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da anualidade de 2026 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR302D, da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades de 2025-2026.
A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito da anualidade 2026 foi a correspondente ao expediente TR302D-2025-000000139-00, que reuniu os requisitos e/ou a documentación requirida, nos termos recollidos no artigo 14 das bases reguladoras, o día 19.11.2025 ás 13.34.21 horas.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
