De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das perosas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo de concesión, ditados nos expedientes DH.A36.11117 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
DH.A36.11117 |
Ciriaco Garrido Romero |
10.11.2025 |
|
DH.A36.10978 |
Constantino González García |
10.11.2025 |
|
DH.A36.13015 |
Acacio Jorge González Troncoso |
10.11.2025 |
|
DH.A36.13861 |
María Adosinda Fraguas Pazos |
10.11.2025 |
|
DH.A36.10751 |
Emilio Torres Hermida |
10.11.2025 |
|
DH.A36.10621 |
Manuel González Castro |
10.11.2025 |
|
DH.A36.4868 |
Comunidade de Usuarios de Cidadelle-Chapela |
10.11.2025 |
|
DH.A36.13891 |
Cándida Rodríguez Barreiro |
10.11.2025 |
|
DH.A36.14452 |
María del Carmen Oro Coego |
10.11.2025 |
