DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 2025 Páx. 64758

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2025 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño) presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 4 de decembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-X11-070-TU-TC-01

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0070 Ciencia Política e da Administración

Departamento:

D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Centro de traballo:

105 Facultade de Educación e Traballo Social

DNI:

***5864**

Nome e apelidos:

Mónica López Viso

Código:

TU2405-X11-070-TU-TC-02

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0070 Ciencia Política e da Administración

Departamento:

D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Centro de traballo:

207 Facultade de Dirección e Xestión Pública

DNI:

***0648**

Nome e apelidos:

Enrique José Varela Álvarez

Código:

TU2405-X11-070-TU-TC-03

Corpo:

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0070 Ciencia Politica e da Administración

Departamento:

D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Centro de traballo:

207 Facultade de Dirección e Xestión Pública

DNI:

***7880**

Nome e apelidos:

Xosé María Mahou Lago