DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cuntis (expediente DH.A36.106371).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Juan José Porto Vilariño.

Expediente: DH.A36.106371.

Volume total anual: 665,85 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,63 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 342, polígono 2, do Catastro de Cuntis.

Lugar: Portela.

Parroquia: Portela.

Concello: Cuntis.

Descrición:

A auga cáptase e acumúlase en arqueta ladrillo 3,16 m3 desde a cal se conduce á parcela B01101200NH32F0001PP para o abastecemento da vivenda e rega das parcelas 5950 e 192, polígono 503.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 25 de novembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur