DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65099

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Soutomaior-Vilaboa.

Pola Resolución do 26 de setembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 197, do 13 de outubro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Soutomaior-Vilaboa.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Soutomaior-Vilaboa, que se relaciona no anexo I.

Segundo. Os/as aspirantes deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/da nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de decembro de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación do posto

DNI

Apelidos e nome

Denominación do posto

Servizo/unidade

***7717**

Márquez Cortizo, Enrique

Xefe/a de Servizo

Atención Primaria

Atención Primaria Soutomaior-Vilaboa

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.