Logo de realizado o sorteo para a composición da comisión avaliadora a que fai referencia a Orde do 23 de outubro de 2025 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, as escolas oficiais de idiomas, a música e as artes escénicas, as artes plásticas e deseño, os profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, os mestres de taller de artes plásticas e deseño, os mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e os inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia núm. 216, do 7 de novembro) (código de procedemento ED012A), de acordo co que establece a súa disposición vixésimo sexta, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPÓN:
Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.
Segundo. Actuará como persoa secretaria da Comisión a persoa vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.
Terceiro. A Comisión de Avaliación poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.
Cuarto. Os membros da Comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño) e, conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
|
Posto |
DNI |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
|
Presidente titular |
***0953** |
Armada |
Vigo |
Marina |
|
Vogal titular 1 |
***4137** |
García |
Rodríguez |
María Carmen |
|
Vogal titular 2 |
***4742** |
Soto |
Cid |
Javier |
|
Vogal titular 3 |
***1489** |
Ulla |
Anido |
Paula |
|
Vogal titular 4 |
***6673** |
Carbón |
Puente |
María Inmaculada |
|
Vogal titular 5 |
***7150** |
Martínez Risco |
Ulloa |
Antonio Eduardo |
|
Vogal titular 6 |
***5700** |
Otero |
García |
Antía |
|
Vogal titular 7 |
***5295** |
Albarellos |
Codesido |
Xoán Carlos |
|
Vogal titular 8 |
***2976** |
Camba |
Seoane |
Shaila María |
|
Vogal titular 9 |
***6271** |
Prego |
Sánchez |
Ricardo |
|
Presidente suplente |
***9001** |
Calviño |
Louzao |
Esteban |
|
Vogal suplente 1 |
***7476** |
Martínez |
Delgado |
Verónica |
|
Vogal suplente 2 |
***3345** |
Moldes |
Peñas |
Jesús Miguel |
|
Vogal suplente 3 |
***9698** |
Fernández |
Carril |
Raquel |
|
Vogal suplente 4 |
***5064** |
Iglesias |
Padrón |
Laura |
|
Vogal suplente 5 |
***7427** |
Ramos |
Martínez |
Javier |
|
Vogal suplente 6 |
***2326** |
Tojeiro |
Ramil |
Noelia |
|
Vogal suplente 7 |
***2659** |
del Río |
Bolón |
Rafael |
|
Vogal suplente 8 |
***2123** |
Sánchez |
Fernández |
Cristina |
|
Vogal suplente 9 |
***4761** |
Gesto |
Novo |
Roberto |
