DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do acordo de ocupación e do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/106-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Adecuación na LMTA RUA802 entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 2 de decembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente IN407A 2024/106-2.

Denominación: Adecuación na LMTA RUA802 entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón).

Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no Concello de Pantón.

Núm. predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio núm.

Apoio m2

Sup. (m2)

Voo (lonx.)

Voo

(sup. m²)

2

56

192

Agra dos Condes

Monte alto

Descoñecido

75-1-1

1

2