A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 17 de novembro de 2025, ditou resolución do recurso potestativo de reposición no expediente CO-0148-2024.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade 32393159M, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
