DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 64995

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025 pola que se dispón a substitución de vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia de Galicia e atribúelle, no seu parágrafo 2.a), a súa presidencia á persoa titular do Valedor do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á Presidencia da dita comisión, e por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese José Manuel Chapela Seijo como vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Segundo. Nomear a Antonio Fernández Angueira vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo e presidenta da Comisión da Transparencia de Galicia