De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas (anexo I) ao abeiro da Resolución do 21 de agosto de 2025, pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (código de procedemento CO400B), mediante diversas resolucións do director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
|
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
Importe |
|
14.80.613A.781.0 |
2017 00001 |
24.000 € |
Finalidade: concesión de axudas para o impulso da formación en materia de consumo.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO I
Axudas concedidas
|
Nº Expediente |
NIF |
Asociación |
Importe concedido |
|
CO400B/2025/1 |
***0154** |
Asociación de Amas de Casa y Consumidores O Noso Lar |
4.800 € |
|
CO400B/2025/2 |
***4992** |
Asociación Local de la Unión Cívica de Consumidores y Amas de Hogar de Oleiros |
4.800 € |
|
CO400B/2025/3 |
***1327** |
Asociación de Consumidores e Mulleres da Estrada |
4.800 € |
|
CO400B/2025/4 |
***9201** |
Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia Adicae Galicia |
4.800 € |
|
CO400B/2025/5 |
***0490** |
Asociación Amas Casa Consumidores y Usuarios de A Coruña |
3.000 € |
|
CO400B/2025/6 |
***2876** |
Asociación de Consumidores y Usuarios en Acción Facua Galicia |
400 € |
