DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de San Amaro (expediente IN407A 2022/20-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CAS802, a 20 kV, entre os apoios núm. 39 e 40, situada no concello de San Amaro.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 5 de decembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/20-3.

Instalación: Regulamentación LMTA CAS802, a 20 kV, entre os apoios núm. 39 e 40.

Concello: San Amaro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 3 de decembro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

3

Bosque

32075A010000430000EH

José Luis Rodríguez

5

Bosque

32075A010000100000EU

Carmen Fernández Pérez

10

Monte Cruz

32075A013001910000EJ

Herdeiros de Marina Rodríguez González

11

Monte Cruz

32075A013001070000EP

Herdeiros de José Rodríguez Armas