DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65479

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B).

BDNS (Identif.): 875643.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/875643

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poden obter a condición de persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas.

Segundo. Finalidade

O apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e a súa convocatoria para o ano 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para o financiamento desta convocatoria ascende a 310.000 €, que se imputará aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2026, nas aplicacións, código de procedemento e importes que se reflicten no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anualidade 2026

13.A1.432B.460.0

2015 00003

50.000 €

13.A1.432B.470.0

35.000 €

13.A1.432B.481.0

225.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2025

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais