DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65557

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 11 de decembro de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca o concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado facultativo do cadro de persoal do Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina.

Este reitorado, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión do día 26 de setembro de 2025, fai público que, pola Resolución do 11 de decembro de 2025, se convoca o concurso público para a provisión das prazas de profesorado asociado de Ciencias Veterinarias facultativo do cadro de persoal do Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina, que figuran no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/137010/carga.htm

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado