DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2025 pola que se publica o financiamento, cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo da obra de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra. Cervo (Lugo). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (expediente AUG-2025-0070).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45252126-7 (traballos de construción de plantas de tratamento de auga potable).

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES112 Cervo (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra. Cervo (Lugo). Referencia de expediente: AUG-2025-0070.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 243.465,61 euros. Importe total: 294.593,39 euros.

8. Valor estimado do contrato: 243.465,61 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e mellora de índole técnica vinculada á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 22 de outubro de 2025.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 3

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 1.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 13 de novembro de 2025.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: FCC Aqualia, S.A.

14.2. NIF: A26019992

14.3. Enderezo: r/ Federico Salmón, 13, 3ª, 28016 Madrid.

14.4. Código NUTS: ES300.

14.5. Correo electrónico: notifica@fcc.es

14.6. Fax: 913 59 74 11.

14.7. Teléfono: 913 43 73 47.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 238.542,39 euros. Importe total: 288.636,29 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 1 (C05.I01): materialización de actuacións de depuración, saneamento, eficiencia, aforro, reutilización e seguridade de infraestruturas (DSEAR); submedida C05.I01b: mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga; proxecto 02 (C05.I01.P02): mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga; subproxecto 10 (C05.I01.P02.S10): mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga na Comunidade Autónoma de Galicia; contribúe aos obxectivos climáticos dentro do campo de intervención 040: xestión da auga e conservación dos recursos hídricos (incluída a xestión das concas fluviais, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, reutilización, redución de fugas), e contribúe á consecución do obxectivo nº 427: infraestruturas de tratamento de augas e augas residuais melloradas.

O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia do coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación, que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia do coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

Por tratarse dunha obra financiada con cargo a fondos europeos, e en cumprimento e de conformidade coa normativa de publicidade da Unión Europea, o contratista queda obrigado á fabricación e colocación durante a execución da obra, dos paneis, carteis ou placa informativa da actuación contratada, así como á instalación, de ser o caso, da correspondente placa permanente informativa do dito financiamento europeo ao final da actuación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 15 de maio de 2025.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 28 de outubro de 2025.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 22 de novembro de 2025.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia