DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordado pola Comisión Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/4330-3 e cinco máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edcitos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.

Ourense, 4 de decembro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/4330-3

44663587W

PR204A 2025/4491-3

45148645J

PR204A 2025/4570-3

34992534N

PR204A 2025/4651-3

22584879Y

PR204A 2025/4659-3

44097659N

PR204A 2025/4689-3

34954174Q