DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30, nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 28 de xullo de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 19 de febreiro de 2026, no Concello de Vimianzo, e o día 20 de febreiro de 2026, no Concello de Zas, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos mencionados concellos de Vimianzo e Zas, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 19.11.2024, no BOP do 31.10.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 7.11.2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará unha notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas dos ditos concellos.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de decembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña