BDNS (Identif.): 875670.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/875670
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e estean dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas e cumpran cos requisitos recollidos nestas bases.
Segundo. Finalidade
Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT403B).
Cuarto. Importe
O crédito destinado ao financiamento destas axudas imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2026, na aplicación, polos importes e a distribución plurianual que se reflicte no cadro seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Total |
Anualidade 2026 |
Anualidade 2027 |
Anualidade 2028 |
|
13.A1.432B.770.0 |
2010 00005 |
870.000 € |
217.500 € |
502.500 € |
150.000 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2025
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da
Axencia Galega das Industrias Culturais
