Mediante Resolución do 6 de agosto de 2025 (DOG núm. 160, do 22 de agosto), publicáronse as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e convocáronse para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408D).
As ditas bases establecen que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva na páxina web do Igape será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva de data 6 de decembro de 2025 de concesión das axudas ao investimento para infraestruturas locais (programa Infraestruturas estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, para o ano 2025, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas e https://spiga-sede.igape.es
O texto completo non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Habilítase un prazo de 10 días naturais para que as persoas interesadas accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones, utilizando o seu NIF, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.
Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2025
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
