DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66023

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala técnica, técnico/a de laboratorio, subescala de mecánica, subgrupo B.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 242, do martes 16 de decembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións.

Na páxina 64550, onde di:

«De conformidade co establecido na Resolución do 19 de decembro de 2022 pola que se aproba a oferta de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración de servizos (PTXAS) para o ano 2022,...».

Debe dicir:

«De conformidade co establecido na Resolución do 19 de decembro de 2022 e na Resolución do 24 de maio de 2023, polas que se aproban as ofertas de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración de servizos (PTXAS) para os anos 2022 e 2023,...».

Na páxina 64564, letra «A) Experiencia: ata un máximo de 16 puntos», onde di:

«Por servizos prestados na Universidade da Coruña e noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino, ambos da escala xeral administrativa, auxiliar administrativo ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata a fin do prazo de presentación de solicitudes, valorarase 0,8 puntos por ano (0,066 por mes completo)».

Debe dicir:

•«Por servizos prestados na Universidade da Coruña e noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino, ambos da escala técnica de técnico/a en mecánica e técnico/a de laboratorio (subescala mecánica), ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata a fin do prazo de presentación de solicitudes, valorarase 0,8 puntos por ano (0,066 por mes completo)».