DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico/a da Administración xeral (A1).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 225, do 24 de novembro de 2025, publicáronse as bases íntegras que rexerán o proceso selectivo para a provisión dunha praza da escala da Administración xeral, subescala técnica coa categoría de técnico/a da Administración xeral incluída na oferta de emprego público do ano 2024, como persoal funcionario. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 26 de novembro de 2025

Juan Antonio González Pérez
Alcalde