DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuar a comunicación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), sitas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

Interesado/a

1557/2025

32076A046001720000UU

Baralla

Camilo Grande Menor

1714/2025

32076A067000560000UM

Vilanova

José Antonio Blanco Rodríguez

1727/2025

32076A501003180000YQ

Pazos de Soutopenedo

Ramón Freire Martínez

1818/2025

32076A002000780000UF

A Farixa

Mª Teresa Milagros Araújo Menor

1840/2025

32076A046001500001IW

Rante

Herdeiros de Augusto Vázquez Vázquez

San Cibrao das Viñas, 2 de decembro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa